Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Arousa
feminino
Nome toponímico
Etimoloxía e historia
Arousa é o nome da máis grande das Rías Baixas, da illa nela situada e está presente nos concellos da Illa de Arousa, de Vilanova de Arousa e de Vilagarcía de Arousa. É de orixe prelatina, probablemente derivado do tema hidronímico ar-, moi presente nos topónimos que teñen relación coa auga, emparentado coa raíz indoeuropea er- ‘moverse’. Na documentación antiga o nome parece que primeiramente nomeaba a illa.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]