Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Arón
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Arón:
Variantes
Etimoloxía e historia
Procede do nome persoal hebreo ‘Aharōn, a través do latín Aaron. De etimoloxía discutida, foi posto en relación coa raíz hebrea h-r-h ‘plenitude’, con aron, ‘arca’ e tamén cun nome exipcio de significado descoñecido.
Motivación
Arón, irmán de Moisés, foi o primeiro gran sacerdote de Israel. Foi consagrado xunto cos seus fillos sacerdote de Iavé, deste xeito, a casta sacerdotal quedou vinculada á súa descendencia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Aaron | |
Árabe | Harún | |
Catalán | Aaron | |
Español | Aarón | |
Éuscaro | Aaron | |
Francés | Aaron | |
Inglés | Aaron | |
Italiano | Aronne | |
Portugués | Aarão |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]