Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Énego
masculino
Véxase Ignacio
Etimoloxía e historia
Antigo nome medieval prerromano, rexistrado con bastante frecuencia na documentación medieval galega desde o século X. Aínda que se ten proposto unha orixe íbera, é seguramente vasco, formado por ene ‘meu’ e o sufixo hipocorístico -ko. A mesma orixe ten Íñigo, resultante da castelanización do nome vasco (moderno Eneko). Tamén se ten posto en relación con Ignacio porque o santo de Loyola levaba orixinalmente o nome vasco, pero en realidade non ten relación etimolóxica con el.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Íñigo | |
Éuscaro | Iñigo | |
Eneko |
Antes e despois de Énego
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]