Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Teófilo, Teófila
Nome cristián
Pronuncia
Teófilo:
Etimoloxía e historia
Do grego Theóphilos, de theós 'deus' e phílos 'amigo': 'amigo de Deus' ou, se cadra mellor, 'preferido de Deus'.
Motivación
San Teófilo de Antioquía (século II) foi bispo desta cidade durante o imperio de Marco Aurelio. Escribiu numerosas obras teolóxicas.
San Teófilo de Adana (século VI), en Cilicia, era ecónomo da igrexa deste lugar; o bispo depúxoo e el, anoxado, vendeulle a alma ao demo, pero despois arrepentiuse e acudiu á Virxe para que se lle devolvese a cédula. A historia recolleuna no Milagre de Teófilo o poeta Rutebeuf no século XIII.
Chamáronse así
Os escritores Théophile Gautier (1811-1872), francés, e Teófilo Braga (1843-1924), portugués, que tamén foi o primeiro presidente —provisorio— da I República portuguesa (1910-1911).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Teophilus | |
Teophil | ||
Catalán | Teòfil | Teòfila |
Español | Teófilo | Teófila |
Éuscaro | Teofilo | |
Francés | Théophile | |
Inglés | Theophilus | Theophila |
Italiano | Teofilo | Teofila |
Portugués | Teófilo | Teófila |
Romanés | Teofil | |
Ruso | Feofil | Feofila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Teófilo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]