Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sofía
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Sofía:
Etimoloxía e historia
Do grego Sophía 'sabedoría'.
Motivación
Nos primeiros séculos do cristianismo houbo moito culto a Santa Sabedoría, en grego Hagía Sophía. A esta santa Sofía ou 'santa sabedoría' edificoulle Xustiniano en Constantinopla un gran templo. Esta forma grega, sophía 'sabedoría', vive no noso idioma en palabras de orixe culta, como en filosofía 'amor pola sabedoría' ou en nomes como Sófocles. A capital de Bulgaria ten este nome, Sofia (en búlgaro Sòfija) porque Xustiniano, ao reconstruír a antiga Serdica de Tracia, fixo erixir unha basílica dedicada tamén á ághia sophía, á Sapiencia Divina, coma a homónima de Bizancio; e a cidade tomou de aquí o seu nome.
Na tradición cristiá, santa Sofía foi nai de santa Fe, santa Caridade e santa Esperanza, bautizadas por ela cos nomes das virtudes teologais. As tres irmás foron martirizadas —para uns en tempos do emperador Hadriano, para outros nos de Diocleciano— e a nai deulles sepultura.
Chamáronse así
Sofía Guadalupe Pérez Casanova, ‘Sofía Casanova’ (Almeiras, A Coruña 1861-Poznan, Polonia 1958), prolífica poeta, narradora e xornalista, foi a primeira correspondente de guerra da historia; a partir de 1915 enviou desde Polonia a xornais españois crónicas da Primeira Guerra mundial; en 1917 pasou a Rusia para seguir a revolución bolxevique (entrevistou a Trotski); máis tarde continuou coa guerra civil rusa, o conflito polaco-soviético e a Segunda Guerra mundial. Tamén saudou o triunfo das sufraxistas británicas (1921). Era políglota: ademais do galego —que falaba coa súa inseparable asistenta galega Pepa López— e do castelán nativos, manexaba outros seis idiomas: francés, inglés, polaco, ruso, italiano e portugués. Gozou dun gran prestixio na súa época; foi proposta para Premio Nobel pola Real Academia Española (a partir de 1925) e foi membro honorífico da Real Academia Galega (1952).
Sofía Nóvoa (1902-1987), musicóloga e mestra galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sonja | |
Sophia | ||
Sophie | ||
Catalán | Sofìa | |
Español | Sofía | |
Éuscaro | Sofia | |
Francés | Sophie | |
Inglés | Sophie | |
Sophy | ||
Sophia | ||
Italiano | Sofía | |
Portugués | Sofia | |
Romanés | Sofia | |
Ruso | Sonia | |
Sofia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]