Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Román
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Román:
Etimoloxía e historia
Do xentilicio latino Romanus 'romano, relativo ou pertencente a Roma', capital do Lacio e do Imperio Romano. Era un cognome étnico que tiña sobre todo un valor político: 'cidadán de Roma'.
Motivación
Hai varios santos do século III con este nome: un de Antioquía e outro de Roma que talvez sexan o mesmo. San Román de Blaye (Francia) morreu en 385 e fora discípulo de san Martiño de Tours. Outro foi bispo de Ruán (século VII) e outro máis abade no cantón do Jura (Suíza).
A batalla de San Romano é un famoso tríptico pintado entre 1456 e 1460 polo italiano Paolo Uccello, que narra un dos habituais combates entre cidades italianas: Florencia e Siena neste caso.
Chamáronse así
Román Navarro (1854-1928), pintor coruñés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Roman | |
Catalán | Romà | |
Español | Román | Romana |
Éuscaro | Erroman | Erromane |
Francés | Romain | Romaine |
Inglés | Roman | |
Italiano | Romano | |
Polaco | Roman | |
Portugués | Romão | |
Romanés | Roman | |
Ruso | Roman | Romana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]