Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Purificación
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Purificación:
Hipocorísticos
Femininos Pura, Purfica
Etimoloxía e historia
Do latín purificatio (ac. purificationem), de purificare 'purificar, expiar', formado de purus 'puro, limpo' e facio 'facer'. De uso principalmente feminino, foi levado en ocasión por homes.
Motivación
Como nome feminino refírese á festa da Purificación de María, que tivo lugar, segundo o rito hebraico, corenta días despois do parto. Polo que conta a viaxeira galaica Exeria, tal festa xa se celebraba no século IV en Xerusalén.
En Occidente difundiuse desde o século VII para substituír as festas pagás en honor a Plutón. É a festa da Candeloria, que ten a súa orixe nunha procesión con candeas acesas que se facía antigamente en Xerusalén. O papa Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo.
Chamáronse así
Purificación de Cora y Más Villafuerte, fundador en 1908 de El Progreso, diario de Lugo.
A escritora ourensá Pura Vázquez Iglesias (1918-2006) foi a primeira muller que empezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galicia e da emigración galega despois da guerra civil; tamén foi pioneira, xunto coa súa irmá Dora, na publicación de obras en galego dedicadas ao público infantil e xuvenil.
Purificación Pazó Prado (n. 1871), mestra. Primeira concelleira en Galicia, nomeada en 1925 no concello de Moaña.
María Purificación Gómez González (1905-1986), alcaldesa da Caniza, a única da época da II República en Galicia; sería represaliada pola ditadura franquista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Purificació | |
Español | Purificación | |
Éuscaro | Kutsuge | |
Garbiñe | ||
Garbikunde | ||
Garbi | ||
Portugués | Purificação |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Purificación
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]