Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pantaión
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Pantaón
Etimoloxía e historia
Do grego Pantoléōn, de pán 'todo' e léōn 'león': 'león en todas as cousas', 'forte coma o león'. Vén significar o mesmo que Leonardo.
Motivación
San Pantaión (séculos III-IV) era médico en Nicomedia de Bitinia. Debido ás súas curacións de carácter milagroso, os seus colegas pagáns denunciárano por cristián e acabou sufrindo martirio. É un dos santos máis antigos no culto hispánico (século VII). Parte do seu sangue disque se recolleu nunha ampola que chegou no século XVII ao convento madrileño da Encarnación, onde se asegura que se licúa cada ano.
Pantaleón y las visitadoras (1973) é unha novela do peruano Mario Vargas Llosa que sería levada ao cinema (1975 e 1999) e ao teatro (2009).
Nalgunhas comarcas galegas cando se cocía era costume facer o “bolo de San Pantaión”, que se lle daba ao primeiro pobre que pasaba despois de sacar o pan do forno.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Pantaleon | |
Catalán | Pantaleó | |
Español | Pantaleón | |
Italiano | Pantaleone | |
Portugués | Pantaleão | |
Romanés | Pantelimon | |
Ruso | Pantaleimon |
Antes e despois de Pantaión
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]