Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Merlín
masculino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Do nome galés Myrddin ‘fortaleza do mar’.
Motivación
Merlín era o nome dun meigo que se fixo moi popular polas historias do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda. Seguramente houbo un personaxe histórico que deu base ao literario, a quen se lle atribuíu gran sabedoría e mesmo profecías. Coma outros personaxes do ciclo artúrico, Merlín está presente na literatura galega, tanto na antiga como na moderna; por exemplo, na obra Merlín e familia (1955), de Álvaro Cunqueiro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Merlin | |
Catalán | Merlí | |
Español | Merlín | |
Éuscaro | Merlin | |
Francés | Merlin | |
Inglés | Merlin | |
Portugués | Merlim |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]