Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lorena
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Advocación da Virxe da rexión francesa de Lorena (fr.: Lorraine); o seu étimo é Lotharingia 'dominio de Lotario' (un dos herdeiros de Carlomagno).
Motivación
No Tratado de Verdún (843) divídese o Imperio carolinxio entre os tres netos de Carlomagno: Carlos o Calvo herda a parte occidental (xermolo da futura Francia); Lotario a parte central (a Lotarinxia: dos Países Baixos ao norte de Italia) e Lois o Xermánico a parte oriental (xermolo da futura Alemaña). A actual rexión francesa da Lorena herda, polo tanto, o nome da antiga Lotarinxia. Ten unha parte de fala alemá que, xunto coa súa veciña Alsacia, foi motivo de varias guerras entre Francia e Alemaña.
A Virxe da Lorena é unha devoción específica desta rexión; a súa basílica atópase en Sannois de Meurthe-et-Moselle.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Lorena | |
Español | Lorena | |
Francés | Lorene | |
Lorraine | ||
Italiano | Lorena | |
Portugués | Lorena |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]