Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lonxinos
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do xentilicio latino Longinus, derivado do antigo sobrenome Longus (de longus 'longo', 'alto').
Motivación
San Lonxinos é un personaxe lendario, a lanza personificada: resulta da fusión do lanceiro situado ao pé da cruz de Cristo no Calvario e do centurión a cabalo que mandaba a garda encargada de vixiar o cumprimento da sentenza. Segundo o Evanxeo de Xoán, un soldado romano traspasoulle a Xesús o costado cunha lanza, e nun intre saíu sangue e auga. Segundo a lenda, ante estes prodixios ese soldado ou centurión converteuse ao cristianismo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Longinus | |
Catalán | Longí | |
Español | Longinos | |
Éuscaro | Longino | |
Francés | Longis | |
Longin | ||
Inglés | Longinus | |
Italiano | Longino | |
Portugués | Longino | |
Longinos |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]