Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Loreto
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do topónimo italiano Loreto, do latín Lauretum 'lugar cheo de loureiros' (de laurus 'loureiro'), de onde saíron tamén os topónimos galegos Louredo e Lourido, e o catalán Lloret.
Motivación
A Virxe de Loreto é unha advocación mariana que conta cun santuario situado na cidade de Loreto —provincia de Ancona, nas Marcas—, próxima ao mar Adriático. Unha lenda medieval conta que uns anxos trasladaron polo aire a este lugar a casa de Nazaré onde viviu Xesús e a súa familia, para protexela dos turcos. Por este motivo esta advocación da Virxe converteuse en patroa da aviación. O santuario conserva unha casiña rústica no interior que simboliza a de Nazaré.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Loreto | |
Éuscaro | Lorete | |
Francés | Lorette | |
Italiano | Loreta | |
Portugués | Loreto |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]