Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Luciano, Luciana
Nome cristián
Pronuncia
Luciano:
Luciana:
Véxase Lucia
Hipocorísticos
Másculinos Chano
Etimoloxía e historia
Procede do latín Lucianus, patronímico do nome propio Lucius, de étimo incerto. Despois pasaría a ser nome propio.
Motivación
San Luciano de Antioquía (c. 235-312), primeiro tradutor da Biblia hebrea ao grego, foi o fundador da escola esexética de Antioquía, mestre de Ario e precursor do arianismo, ao defender a subordinación do Fillo e do Espírito Santo ao Pai, que cría superior. Foi martirizado.
San Luciano de Beauvais (Francia), do século III, chamábase Lucius, pero o seu pai modificoulle o nome; foi o primeiro bispo desta cidade, onde foi decapitado e, cefalóforo como san Denís, a lenda asegura que tras a súa execución colleu a cabeza nas mans e atravesou un río.
Santa Luciana foi unha virxe de Bizancio, mártir durante o imperio de Diocleciano (304).
Chamáronse así
O tenor italiano Luciano Pavarotti (1935-2007). En Galicia, o médico e etnógrafo Luciano García Alén (1928-2015) e o farmacéutico e cineasta Luciano Piñeiro Martínez ‘Chano Piñeiro’ (1954-1995), director da primeira longametraxe en galego, Sempre Xonxa (1989).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Llucià | Lluciana |
Español | Luciano | Luciana |
Éuscaro | Luziano | Luziana |
Luken | Lukene | |
Francés | Lucien | |
Inglés | Lucian | |
Italiano | Luciano | Luciana |
Portugués | Luciano | Luciana |
Romanés | Lucian | Luciana |
Ruso | Lukian | Lukiana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]