Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lucas
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Lucas:
Etimoloxía e historia
Do nome grego Loukâs, forma abreviada ou hipocorística de Loukanós ‘oriúndo da Lucania’, latinizado en Lucas ou Luca.
Motivación
San Lucas (século I) é un dos catro evanxelistas. Nin el nin san Marcos pertenceron ao colexio apostólico. Era un xudeu helenizado natural de Antioquía (Siria), onde era médico. Convertido por san Paulo, seguiu o seu mestre nas súas viaxes por Grecia e Italia. Escribiu o terceiro Evanxeo e o Libro dos Feitos dos Apóstolos. Tamén se ten dito que era pintor.
As festas das San Lucas de Mondoñedo teñen sona en toda Galicia.
Chamáronse así
O arquitecto Lucas Ferro Caaveiro (1699-1770), un dos grandes mestres do barroco galego.
Os pintores Luca Signorelli (1450-1523), italiano; Lucas Cranach o Vello (1472-1533) e o Novo (1515-1586), alemáns, e Lucas van Leyden (1494-1533), holandés.
José Lucas Labrada Romero (Ferrol 1762 - A Coruña 1842), ilustrado galego autor da Descripción económica del Reyno de Galicia (Ferrol 1804), importante obra para coñecer o estado dos recursos económicos galegos e as comunicacións do reino de finais do séc. XVIII e principios do XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lukas | |
Bretón | Lucaz | |
Catalán | Lluc | |
Español | Lucas | |
Éuscaro | Lukas | |
Luka | ||
Francés | Luc | |
Inglés | Luke | |
Italiano | Luca | |
Portugués | Lucas | |
Romanés | Luca | |
Ruso | Louka |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]