Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lucina
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Probablemente o seu étimo estea no nome latino común lucus 'bosque sagrado' (do que tamén procede Lugo). Tamén se considera que pode ser un diminutivo de Lucía ou de Lucio, ou mesmo un nome de matriz clásica retomado do epíteto latino Lucina, deusa que asiste e protexe as mulleres no momento do parto: derivado de lux, lucis 'luz'.
Motivación
Na mitoloxía romana, Lucina era a deusa que presidía os nacementos e auxiliaba as nais nos partos.
Santa Lucina de Roma foi unha mártir lendaria do século I; nalgúns países é patroa dos presos e das mulleres embarazadas, talvez por influencia da deusa pagá do mesmo nome.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Lucina | |
Portugués | Lucina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]