Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lucrecia
feminino
Personaxe histórico
Pronuncia
Lucrecia:
Etimoloxía e historia
Tomado do xentilicio romano Lucretia (que tamén se usaba en masculino: Lucretius), de orixe etrusca e significado incerto; relaciónase con Luceres, unha das tribos primitivas que formou o estado romano, ou co nome propio etrusco Laucri.
Motivación
Na antiga Roma, Lucrecia (século VI a. C.) foi o modelo de castidade para a muller. A súa violación por un sobriño do rei Tarquinio o Soberbio provocou o seu suicidio e a caída da monarquía romana, coa conseguinte proclamación da república.
Quen máis popularizou este nome, mesmo na literatura e na arte, foi Lucrecia Borgia (1480-1519), filla do papa Alexandre VI, da familia valenciana dos Borjas. Ela protagonizou, talvez involuntariamente, numerosos escándalos na corte papal destes anos (1492-1503). Atribuíronselle amores incestuosos co seu irmán maior, César Borgia, que gobernaba ao seu antollo os Estados pontificios, e mesmo co seu propio pai. Ao casar aos 22 anos con Afonso d’Este, duque de Ferrara, puido afastarse das intrigas da súa familia.
Na novela O enxoval da noiva (1989), de Víctor F. Freixanes, Lucrecia Borgia é unha das figuras principais.
Santa Lucrecia de Mérida, de existencia dubidosa, para uns morreu martirizada no 304 baixo Diocleciano, para outros na Córdoba musulmá no século IX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lukretia | |
Catalán | Lucrècia | |
Español | Lucrecia | |
Éuscaro | Lukrezio | Lukrezia |
Lukrecia | ||
Francés | Lucrece | |
Inglés | Lucretia | |
Lucrece | ||
Italiano | Lucrezia | |
Portugués | Lucrécia | |
Romanés | Lucreţia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]