Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lucio, Lucia
Nome cristián
Pronuncia
Lucio:
Etimoloxía e historia
Do nome latino Lucius, moi popular entre os romanos, de étimo incerto, que por etimoloxía popular foi relacionado con lux, lucis ‘luz’, ou co verbo lucere ‘facer luz’, ‘alumear’. Adoitaba pórselle ós meniños que nacían ó mencer.
Motivación
Na antiga Roma foi un nome moi corrente que levaron políticos como Lucio Cornelio Sila ou Lucio Serxio Catilina, ou escritores como Lucio Anneo Séneca e Lucio Apuleio.
San Lucio de Coira (capital do cantón dos Grisóns-Suíza), Luzius Curiensis, foi un lendario bispo e santo suízo que para uns viviu no século II e para outros entre o V e o VI. Segundo unha lenda chegou á Retia desde a súa Britania natal e sufriría martirio por volta do ano 200.
San Lucio de Cirene (séculos III-IV) era senador desta cidade do norte de África; converteuse ao cristianismo e retirouse á illa de Chipre, onde morreu martirizado.
Houbo tres papas con este nome: un do século III e os outros dous do XII.
Chamáronse así
Lucio Urtubia (1931-2020), albanel e militante anarquista coñecido pola súa práctica do anarquismo expropiador mediante a falsificación.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Luzius | |
Catalán | Lluci | |
Español | Lucio | |
Éuscaro | Luzio | |
Luki | ||
Francés | Lucius | |
Inglés | Lucius | |
Italiano | Lucio | |
Portugués | Lúcio | Lúcia |
Ruso | Lukiu |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]