Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lázaro
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Lázaro:
Etimoloxía e historia
A palabra aramea La'zar 'Deus veu axudar' é unha das palabras que se conservan sen traducir no orixinal do Novo Testamento (Lc 16,20-25), como testemuño da lingua familiar que Xesús falaba, incluso en contextos relixiosos nos que a diglosia impoñía o uso do hebreo. A forma hebrea sería Eleazar. A forma aramea chegou a nós a través do grego Lázaros e do latín Lazarus.
Motivación
Hai dous Lázaros nos Evanxeos. Un deles é o pobre da parábola de Cristo, que se poñía na porta do rico Epulón para matar a fame coas faragullas que caían da mesa deste. O outro é Lázaro de Betania, irmán de Marta e María, amigo de Xesús, a quen resucitou despois de tres días de morto e enterrado.
Aínda houbo outros dous santos máis con este nome: un bispo de Milán (século V) e outro monxe e pintor de iconas en Constantinopla (século IX), martirizado polo emperador de Oriente iconoclasta Teófilo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Latzarus | |
Lazarus | ||
Español | Lázaro | |
Éuscaro | Lazaro | |
Francés | Lazare | |
Inglés | Lazarus | |
Italiano | Lazzaro | |
Portugués | Lázaro | |
Romanés | Lazăr |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]