Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Inocencia, Inocencio
Nome cristián
Pronuncia
Inocencia:
Inocencio:
Hipocorísticos
Másculinos Nocencio, Chencho, Xenxo
Femininos Chencha, Xenxa, Sensa
Etimoloxía e historia
Deriva do nome latino Innocentius, derivado de innocens 'que é inocente', 'que non fai dano', de in-, con sentido negativo, e nocere 'facer dano'.
Motivación
Houbo trece papas con este nome, entre os que salientamos os seguintes: Inocencio III (1198-1216), que intentou instaurar unha teocracia para facer valer o poder da Igrexa fronte aos emperadores; impulsou a cuarta cruzada e tamén combateu a chamada herexía albixense que dexenerou nunha operación de castigo militar contra toda a Occitania; Inocencio VIII (1484-1492), que multiplicou a venda de oficios; Inocencio X (1644-1655), famoso polo retrato que del fixo Velázquez; Inocencio XI (1676-1689), beato, loitou contra o nepotismo; Inocencio XIII (1691-1700), que condenou o xansenismo.
Santa Inocencia de Rimini (século IV), virxe e mártir no tempo de Diocleciano. Outra santa Inocencia, de Ravenna (século V) foi filla de san Severo, bispo desta cidade italiana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Innocent | |
Catalán | Innocenci | |
Español | Inocencio | Inocencia |
Éuscaro | Inozentzio | Inozentzia |
Francés | Innocent | |
Italiano | Innocenzo | |
Portugués | Inocêncio | Inocência |
Romanés | Inocenţiu | |
Ruso | inokentii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Inocencia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]