Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Heladia, Heladio
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Nome grego derivado de Helas (Grecia), que significa 'procedente de Grecia'.
Motivación
Santo Heladio (550-631) era parente do rei visigodo Leovixildo; na súa mocidade desempeñou cargos na corte real. Entrou no mosteiro de Agalia e, xa vello, foi arcebispo de Toledo.
Chamáronse así
Eladio Rodríguez González (1864-1949), lexicógrafo e escritor, a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas de 2001.
Nas Memorias dun neno labrego (1961), de Xosé Neira Vilas, Eladia é o nome da mestra de Balbino, o neno protagonista. Eladio Vilarchao é un dos protagonistas d'A Esmorga (1959) de Eduardo Blanco Amor
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Eladi | |
Español | Eladio | |
Éuscaro | Eladi | |
Portugués | Eládio | |
Heládio |
Antes e despois de Heladia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]