Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gloria
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Gloria:
Etimoloxía e historia
Do latín gloria 'gloria', 'reputación, creto, sona'. Na meirande parte dos casos é un nome cristián, tomado da palabra inicial do himno litúrxico de glorificación de Deus e da Trindade (Gloria in excelsis Deo...) ou da fórmula de loanza da Trindade na misa (Gloria Patri et Filio et Spiritui Sancto). Tamén pode ser un nome laico medieval, aínda existente no latín do Baixo Imperio, que se lles daba ás fillas para augurarlles a gloria, a fama e o honor.
Motivación
En Roma, Gloria era unha desas divindades abstractas que tiñan culto desde o final da República, como Fe e Felicidade.
Chamáronse así
Gloria Fuertes (1917-1998), poeta madrileña.
Gloria Vanderbilt (1924-2019), actriz e deseñadora de moda estadounidense.
Gloria Fernández Fernández (1913-1996), pintora galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gloria | |
Catalán | Glòria | |
Español | Gloria | |
Éuscaro | Loria | |
Aintzane | ||
Aintza | ||
Inglés | Gloria | |
Glory | ||
Italiano | Gloria | |
Portugués | Glória | |
Romanés | Gloria |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Gloria
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]