Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gaspar
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Gaspar:
Etimoloxía e historia
Nome procedente do tardolatino Caspar / Gaspar ou Casparus / Gasparus, relacionado coa palabra aramea ghizbar 'tesoureiro', tomada da iraniana *gaz-bar 'que leva o tesouro', 'administrador do tesouro'. Outros considérano redución do nome iraniano Gathaspar, que á súa vez procede dun antigo Gundophar / Windafarnah, correspondente ao adxectivo persa windahwarena 'brillante', antigo epíteto de Wayna, divindade aria.
Motivación
Gaspar foi un dos Magos —transformados en "reis" por unha tradición serodia— que acudiron desde algún país de Oriente para adorar a Xesús en Belén. Mateu é o único evanxelista que fala deles, pero non precisa os seus nomes. Aparecen no Liber Pontificalis de Rávena a partir do séculos IX; Gaspar é o máis novo, representa a Europa e ofrece incenso.
Chamáronse así
O ilustrado asturiano Gaspar Melchor de Jovellanos (1744-1811) e o pintor alemán Kasper David Friedrich (1774-1840).
Gaspar de Zúñiga Acevedo (1560-1606), V conde de Monterrei, vicerrei de Nueva España (México) e do Perú.
Gaspar de Arce (1538-1603), arquitecto cántabro que traballou en Monforte, Lugo e Santiago de Compostela.
Gaspar Massó García (1892-1991), empresario e escritor de Bueu, pioneiro en rotular en galego nas industrias conserveiras.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Kasper | |
Catalán | Gaspar | |
Danés | Jesper | |
Español | Gaspar | |
Éuscaro | Gaspar | |
Francés | Gaspard | |
Inglés | Jasper | |
Italiano | Gaspare | |
Portugués | Gaspar | |
Romanés | Gaspar | |
Ruso | Gaspar | |
Sueco | Jasper | |
Casper |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]