Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Godofredo
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica, composto por dúas raíces góticas: na primeira, god-, confluíron varias raíces: gôths ‘bo’, guth ‘deus’, ou *guts ‘godo’; a segunda procede de *frith ‘paz’.
Motivación
Godofredo de Bouillon (c. 1061-1100), duque da Baixa Lorena, foi o primeiro nobre medieval en poñerse á fronte da primeira cruzada (1095), predicada polo papa Urbano II. Conquistou Xerusalén e rexeitou erixirse en rei, conformándose con ser unicamente “protector do Santo Sepulcro”. É o principal personaxe do poema épico Xerusalén liberada (c. 1575) de Torquato Tasso.
Hai un santo con este nome: Godofredo de Amiens (1066-1115), frade natural de Soissons, bispo de Amiens.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gotz | |
Gottfried | ||
Catalán | Godofrè | |
Español | Godofredo | |
Éuscaro | Geoffrey | |
Francés | Godefroy | |
Geoffroy | ||
Inglés | Jeffrey | |
Geoffrey | ||
Italiano | Goffredo | |
Portugués | Godofredo |
Antes e despois de Godofredo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]