Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gracia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Gracia:
Variantes
Femininas Graza
Etimoloxía e historia
Do latín gratia, ‘graza’, con orixe nun termo indoeuropeo que deu lugar tamén ao grego charis.
Motivación
A motivación deste nome pode vir dunha advocación mariana ou do nome latino Gratia, procedente das tres Grazas da mitoloxía clásica: divindades da beleza e, talvez, potencias da vexetación; espallan ledicia na natureza, no corazón dos deuses e dos humanos. Son tres irmás (Eufrosýnē, Talía e Aglae), fillas de Zeus e Afrodita, que pertencen ao séquito de Apolo.
Chamáronse así
Grace Murray Hopper (1906-1992), científica da computación e militar estadounidense, pioneira no mundo das ciencias da computación. Entre as décadas de 1950 e 1960 desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación e tamén achegou métodos de validación.
Grace Kelly (1928-1982), actriz estadounidense e princesa consorte de Mónaco, polo seu matrimonio en 1956 co príncipe Raniero.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gratia | |
Catalán | Gràcia | |
Español | Gracia | |
Éuscaro | Grazia | |
Grazi | ||
Garazi | ||
Gartze | ||
Francés | Grace | |
Inglés | Grace | |
Italiano | Grazia | |
Portugués | Grácia | |
Graça | ||
Romanés | Graţia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]