
María Xosé Queizán. A escrita sen límites
Día da poesía
Martes 17 de marzo - 18:30 h
Este nome non se encontra na guía.
epiceno
Nome literario
Masculinas Grial
De recente introdución por vía literaria, vén do francés antigo, e este do latín cratera.
O graal é, segundo a tradición cristiá, a copa que usou Xesús Cristo na derradeira cea, na cal tamén Xosé de Arimatea recolleu o sangue do crucificado. Na Idade Media foi obxecto de culto relixioso e literario, en que se mestura a tradición cristiá con lendas célticas.
Na literatura galega medieval destaca o ciclo novelesco da Demanda do santo Graal, que ten unha primeira parte que é o Libro de Xosé de Arimatea. A obra continúa despois co Merlín (hoxe perdido). A terceira parte é o da Demanda (a busca): os cabaleiros do rei Artur lánzanse á conquista do Graal. Só tres cabaleiros da Táboa Redonda artúrica saen elixidos para ir na súa procura: Perceval, Galaaz e Boors. Só o logra Galaaz, o cabaleiro perfecto, que será levado aos ceos como o profeta Elías. Perceval morrerá e só Boors puido volver á corte artúrica e contar as súas aventuras.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]