Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gaudencio
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome augural latino Gaudentius, derivado do verbo gaudere 'gozar', 'ser feliz'.
Motivación
San Gaudencio de Cominges (Francia), neno de 13 anos decapitado no ano 475, deu nome á cidade occitana de Sent Gaudenç (Saint-Gaudens en francés).
Outros santos con este nome en Italia foron san Gaudencio de Novara (século V) e san Gaudencio de Rimini, lapidado durante o imperio de Diocleciano. Tamén hai unha santa Gaudencia, lendaria virxe e mártir de Roma.
Chamáronse así
Gaudenzio Marconi (1841-1885), fotógrafo suízo de orixe italiana, cuxas imaxes de espidos artísticos foron empregadas por escultores como Auguste Rodin.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Gaudenci | |
Español | Gaudencio | |
Francés | Gaudens | |
Italiano | Gaudenzio | |
Portugués | Gaudêncio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]