Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Gastón
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do francés Gaston, e este posiblemente de orixe xermánica, a partir da raíz gast ‘hóspede’, ‘inimigo’.
Motivación
Sen moito fundamento tense identificado este nome con san Vedastus, bispo de Arras e mártir no século VI, que disque estivo en relación co rei merovinxio Clodoveo e con san Remixio de Reims.
Chamáronse así
Gaston Leroux (1868-1927), escritor francés, autor da novela A pantasma da ópera.
Gastão Cruz (1941-2022), poeta, crítico literario e tradutor portugués.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Gaston | |
Catalán | Gastó | |
Español | Gastón | |
Éuscaro | Gaston | |
Francés | Gaston | |
Italiano | Gastone | |
Portugués | Gastão | |
Romanés | Gaston |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]