Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Filemón
masculino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Nome grego, Philḗmōn, derivado de phileîn 'amar'; polo tanto 'afectuoso, amable'.
Motivación
Na mitoloxía grega Filemón e Baucis eran unha parella de vellos namorados que deron pousada a Zeus e a Hermes. O tema inspirou o poeta latino Ovidio (Metamorfoses).
Xa no Novo Testamento, Filemón é un cristián acomodado, destinatario da Epístola a Filemón, de san Paulo. A carta levoulla Onésimo, un escravo que lle fuxira a Filemón e que Paulo atopou en Roma; converteuno ao cristianismo e devolveuno ao seu amo cunha breve misiva na cal lle pedía que o tratase coma un irmán. Esta epístola está na liña doutros documentos pagáns da época en que se pedía máis humanidade cos escravos, pero non se cuestionaba o feito da escravitude.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Philemo(n) | |
Catalán | Filemó | |
Español | Filemón | |
Éuscaro | Filemon | |
Inglés | Philemon | |
Portugués | Filémon | |
Romanés | Filimon | |
Ruso | Filimon |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Filemón
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]