Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Balduíno
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Baldovino
Etimoloxía e historia
Nome medieval de importación franca ou occitana que procede dun nome xermánico composto pola raíz gótica *balth ‘audaz, valente’ e a franca wins ‘amigo’.
Motivación
San Balduíno (século XII) foi un monxe cisterciense da escola de san Bernaldo, abade de San Pastore (Rieti, Italia).
A popularización recente deste nome débese ao rei dos belgas Balduíno I (1930-1993).
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Balduin | |
| Catalán | Baldoví | |
| Español | Baldovino | |
| Balduino | ||
| Éuscaro | Balduin | |
| Francés | Baudouin | |
| Inglés | Baldwin | |
| Italiano | Baldovino | |
| Portugués | Baldovino | |
| Balduíno | ||
| Romanés | Baldovin |
Antes e despois de Balduíno
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




