Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Zenobia, Zenobio
Nome mitolóxico
Variantes
Etimoloxía e historia
Nome masculino formado a partir do feminino grego Zēnobía, que pasa a través do latín Zenobius, formado por Zḗn 'Zeus' e bía 'forza'. O seu significado é 'forza de Zeus'.
Motivación
San Zenobio de Florencia (337-417) foi o primeiro bispo desta cidade; tivo sona de taumaturgo e exorcista. O pintor Sandro Botticelli realizou entre 1495 e 1500 catro táboas pictóricas de milagres e episodios da súa vida.
Zenobia de Palmira foi raíña do imperio de Palmira de 267 a 272, período en que tomou o poder tras o asasinato do seu esposo. Vencida polo emperador Aureliano e levada a Roma como refén, dise que este lle permitiu levar unha vida digna nunha vila en Tibur (Tívoli), onde se converteu nunha destacada filósofa.
Na Igrexa oriental son venerados os santos Zenobio, médico e bispo de Exea en Cilicia, e a súa irmá Zenobia, ambos martirizados na persecución de Diocleciano.
Chamáronse así
Zenobia Camprubí (1887-1956), escritora, lingüista e tradutora española: a primeira que traduciu ao castelán a obra do poeta bengalí Rabindranath Tagore.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Zenobius | |
Catalán | Zenobi | Zenòbia |
Español | Zenobio | Zenobia |
Éuscaro | Zenobia | |
Francés | Zénobe | Zénobie |
Italiano | Zanobio | |
Zenobio | Zenobia | |
Portugués | Zenóbio | Zenóbia |
Romanés | Zenovia | |
Ruso | Zinovii | Zinovia |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]