Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xurés
masculino
Nome toponímico
Etimoloxía e historia
De orixe toponímica, é o nome dunha serra situada no suroeste da provincia de Ourense, entre Galicia e Portugal (onde se chama O Gerês); a zona foi declarada Parque Natural da Baixa Limia-Serra de Xurés en Galicia e Parque Nacional de Peneda-Gerês en Portugal, dunha gran riqueza natural, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica. O nome é de orixe prerromana, documentada no itinerario de Antonino como Aquis Oreginis ou Aquis Originis, e mais tarde como monte Ugeres (1096), rio Caldo subtus Ogeres (1100). O artigo actual resulta da deglutinación da vogal inicial que primitivamente contiña o topónimo. En última instancia está formado pola raíz hidronímica paleoeropea *wegw- ‘húmido, mollar’.
Antes e despois de Xurés
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]