Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xermán, Xermana
Nome cristián
Pronuncia
Xermán:
Etimoloxía e historia
Este nome procede da concorrencia doutros dous: por un lado, do latín germanus 'verdadeiro, auténtico, natural', que moitas veces aparecía ligado a frater e soror, de aí que pasase a significar 'irmán'; por outro lado, o étnico Germanus 'habitante ou oriundo da Xermania, de pobo xermánico', aplicado en latín por similitude fonética co apelativo propio daqueles pobos: Wehrmann 'home que se defende', ou Heermann 'guerreiro, soldado'.
Motivación
Houbo un primeiro san Xermán que, segundo a tradición, padeceu martirio durante a persecución de Diocleciano (303-304), xunto con san Servando; os dous son dos santos máis antigos do culto hispánico (século VII). San Xermán de Auxerre (c. 378-445) foi gobernador romano e bispo desta cidade francesa. San Xermán de París (século VI) foi bispo desta cidade; a igrexa onde foi enterrado tomou o seu nome e converteuse na abadía de Saint Germain-des-Prés.
Santa Xermana de Pibrac (1579-1601) foi pastora en Pibrac, preto de Tolosa (Occitania, Francia).
Antes que esta santa occitana xa tivera este nome a súa paisana Xermana de Foix (1488-1536), segunda esposa do rei Fernando II de Aragón, que en 1504 quedara viúvo de Isabel de Castela. Foi, polo tanto, raíña consorte de Aragón, e, se non morrese o seu fillo Juan de Aragón y Foix, este sería rei de Aragón e romperíase a unión dinástica de Castela e Aragón acordada polos Reis Católicos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | German | Germana |
Catalán | Germà | Germana |
Español | Germán | Germana |
Éuscaro | German | Germana |
Kerman | Germana | |
Francés | Germain | Germaine |
Inglés | German | Germaine |
Italiano | Germano | Germana |
Portugués | Germano | Germana |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]