Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vítor
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Vítor:
Hipocorísticos
Másculinos Vituco, Vitolo, Vitucho, Tuco.
Etimoloxía e historia
Do latín Victor, que como nome propio está testemuñado só en época cristiá, como un de tantos nomes augurais; é o participio presente de vinco, vincere, e significa 'vencedor'.
Motivación
En tempos do papa Vítor I (189-199), o latín substituíu o grego como lingua da Igrexa de Roma. Houbo varios santos con este nome: un do século III, oficial romano martirizado en Marsella por orde do emperador Maximiano; outro, san Vítor de Agaune (Suíza), mártir da Lexión Tebana de san Mauricio.
Chamáronse así
O escritor francés Victor Hugo (1802-1885). Os galegos, a Víctor Said Armento (Pontevedra 1871 - Madrid 1914), que foi o primeiro catedrático de Lingua Galega, cátedra creada en 1914 en Madrid, na Universidad Central.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Victor | |
Catalán | Víctor | |
Español | Víctor | |
Éuscaro | Viktor | |
Biktor | ||
Bittor | ||
Francés | Victor | |
Inglés | Victor | |
Italiano | Vittore | |
Portugués | Vítor | |
Romanés | Victor | |
Ruso | Viktor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Vítor
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]