Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Teodora, Teodoro
Nome cristián
Pronuncia
Teodora:
Teodoro:
Hipocorísticos
Másculinos Doro
Femininos Dora
Etimoloxía e historia
Do grego Teódōros, a través do latín Theodorus, de theós 'deus' e dôron 'don': 'don de deus', concepto igual ao expresado en Doroteo, só que coa orde inversa. Era un nome frecuente entre os gregos, que, sendo politeístas, podían especificar de que deus era agasallo o fillo: Apolodoro (de Apolo), Artemidoro (de Artemisa), Isidoro (de Isis). Naturalmente entre cristiáns monoteístas só perdurou Teodoro.
Motivación
San Teodoro forma con santo Atanasio a parella de discípulos de Santiago que, segundo a tradición xacobea, trouxo o seu corpo desde Palestina, e que está enterrada co Apóstolo na catedral compostelá. Outro santo con este nome, do século III, era militar en Asia Menor; foi martirizado en tempos do emperador Maximino.
A emperatriz Teodora (século VI) foi esposa de Xustiniano, emperador de Oriente, que casara con ela malia ser de clase social inferior (era actriz).
Deste nome deriva a dinastía británica dos Tudor, de orixe galesa (Tewdwr ou Tewdor, en galés), que gobernou en Inglaterra de 1485 a 1603.
Chamáronse así
O escritor ruso Feodor Dostoievski (1821-1888), o presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt Jr. (de 1901 a 1909) e o irmán do pintor Vincent van Gogh, o marchante de arte Théodorus ‘Théo’ van Gogh (1857-1891).
En Galicia lembramos o poeta en galego Teodoro Morgade Varela (Baio 1915 - A Coruña 1935).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Theodor | |
Catalán | Teodor | Teodora |
Español | Teodoro | Teodora |
Éuscaro | Teodoro | Teodora |
Todor | ||
Francés | Théodore | |
Inglés | Theodore | Theodora |
Italiano | Dora (hip.) | |
Teodoro | Teodora | |
Portugués | Teodoro | Teodora |
Romanés | Tudor | |
Teodor | ||
Ruso | Fedor | Fedora |
Fiodor | ||
Feodor | Feodora |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Teodora
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]