Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Simón, Simona
Nome cristián
Pronuncia
Simón:
Véxase Simeón
Etimoloxía e historia
Do grego do Novo Testamento Simon, a través do latín eclesiástico Simon, primeiro nome do apóstolo san Pedro. No Evanxeo hai outro Simón Cananeo que predicou en Exipto. É unha variante do hebreo bíblico Xime'ôn, que dará como resultado Simeón.
Motivación
Simón era o nome que tiña o apóstolo san Pedro antes de que Cristo llo cambiase, pero tamén o tiña outro dos doce discípulos de Xesús: o chamado Simón o Cananeo ou o Celote (por pertencer a este grupo independentista xudeu, conspirador contra o invasor romano).
San Simón ou Simeón o Estilita o Vello (século V) foi un asceta sirio do que se conta que, para facer aínda máis penitencia e mortificación, decidiu pasar o resto da súa vida na parte superior dunha columna (de aí o sobrenome de “estilita”, do grego stylos ‘columna’), na cal non se podía sentar nin deitarse; ao parecer así pasou 37 anos.
San Simón de Ons de Cacheiras (Teo), segundo a lenda, era un santo exclusivo da comarca compostelá, frade no mosteiro de San Martiño Pinario.
Na literatura quedou inmortalizada a Illa de san Simón, na ría de Vigo, grazas ao universal poema de Mendiño, en que, tal como chegou a nós, recibe o nome de San Simión, o que parece un estadio intermedio entre Simeón e Simón.
Chamáronse así
Simón Rodríguez (1679-1751), un dos grandes arquitectos galegos do estilo barroco. Simón Bolívar (1783-1830) o Libertador, militar e político venezolano que conseguiu independizar de España boa parte das colonias de Suramérica. O xudeu de orixe polaca Shimon Peres (1923-2016) foi Primeiro Ministro de Israel en dúas ocasións, nos anos oitenta e noventa do século XX.
Na forma feminina, as francesas Simone Weil (1909-1943), filósofa, e Simone de Beauvoir (1908-1986), escritora.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Simon | Simone |
Catalán | Simó | |
Español | Simoneta | |
Simón | Simona | |
Éuscaro | Simon | Simone |
Simeon | ||
Francés | Simon | Simone |
Inglés | Simon | |
Italiano | Simonetta | |
Simone | Simona | |
Portugués | Simão | Simoa |
Romanés | Simion | Simona |
Ruso | Semion |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Simón
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]