Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sócrates
masculino
Personaxe histórico
Etimoloxía e historia
Do nome grego Sokrátēs, formado por sôs ‘san’ e krátos ‘poder’.
Motivación
Débese este nome ao filósofo grego Sócrates, que viviu en Atenas entre o 469 e o 399 a. C. Non deixou testemuños escritos, pero sabemos das súas doutrinas polo seu discípulo Platón —pois é o principal personaxe dos seus Diálogos— e mais por Aristóteles e Xenofonte. Aristófanes ridiculízao na comedia As nubes. Combateu os sofistas e, acusado de corromper a mocidade ateniense, foi condenado polo goberno da cidade a suicidarse, cousa que fixo tomando cicuta.
Chamáronse así
O magnate navieiro grego Aristóteles Sócrates Onassis (1906-1975).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Sokrates | |
Catalán | Sòcrates | |
Español | Sócrates | |
Éuscaro | Sokrates | |
Francés | Socrate | |
Inglés | Socrates | |
Italiano | Socrate | |
Portugués | Sócrates | |
Romanés | Socrate |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]