Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rubén
masculino
Nome bíblico
Pronuncia
Rubén:
Variantes
Masculinas Ruben
Etimoloxía e historia
Nome hebreo que se asocia tradicionalmente coa exclamación de Lía cando naceu o primeiro fillo que tivo con Xacob: Raá beonyí '(Deus) viu a miña aflición'. Tamén pode ser unha derivación de Ri-bal 'león' ou 'lobo'.
Motivación
No Antigo Testamento, Rubén era o fillo máis vello de Xacob e da súa primeira muller, Lea, pero perdeu o dereito da primoxenitura por convivir coa concubina do seu pai. A súa tribo formábana pegureiros do leste do Xordán.
Chamáronse así
Félix Rubén García Sarmiento, coñecido como Rubén Darío (1867-1916), poeta nicaraguano.
En Galicia, Rubén García Álvarez (Ribadavia 1915 - Santiago 1980), médico e historiador, reputado medievalista que xa en 1963 denunciaba a sistemática ocultación —ou mesmo negación— do reino medieval de Galicia pola historiografía española.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ruben | |
Catalán | Rubèn | |
Español | Rubén | |
Francés | Ruben | |
Inglés | Reubem | |
Italiano | Rùben | |
Portugués | Rubem (br.) | |
Rúben (pt.) |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]