Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosenda, Rosendo
Nome cristián
Pronuncia
Rosendo:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Sendo, Senducho
Femininos Roda
Etimoloxía e historia
Nome xermánico testemuñado en Galicia con moita frecuencia desde o século VIII, latinizado en Rudesindus. Está composto polas raíces góticas *hrôths ‘vitoria, gloria’ e sinths ‘camiño’. En galego deu lugar tamén ao apelido e topónimo Rosende.
Motivación
San Rosendo (907-977) foi un santo galego que naceu preto de Celanova, fillo de Goterre Méndez e de santa Ilduara (ou Aldara) Eriz de Celanova, condes de Caldelas, señores dun amplo territorio do curso medio do Miño emparentados cos reis de Galicia desde os tempos de Ordoño II. Educouse na escola monástica de Mondoñedo. Despois de ser abade de dous mosteiros en Portomarín, nomeárono bispo de Mondoñedo. Fundou o mosteiro de Celanova, onde se retirou e onde foi segundo abade. Mais o rei Ordoño III fíxoo gobernador de Galicia e viuse obrigado a conter coas armas as incursións musulmás na fronteira sur do reino, no río Mondego (preto de Coimbra). Mediou nas loitas entre os reis Ordoño IV e Sancho I, ambos coroados na catedral de Santiago. Sendo Ramiro III un neno, Rosendo repeleu unha invasión normanda ao mando de Gunderedo (968). Rematada a súa etapa de guerreiro volveu ao mosteiro, pero en 970 nomeárono arcebispo de Santiago, onde só estivo catro anos. Finou en Celanova.
Chamáronse así
Tamén levou este nome frei Rosendo Salvado (1814-1900), natural de Tui. Fíxose monxe bieito e en 1846 embarcou para Australia occidental, onde fundou a misión de New Norcia (‘Nova Nursia’), que converteu nun dos poucos lugares de protección e promoción dos aborixes australianos, cuxas crenzas respectou, ademais de estudar as súas linguas e cantos. Foi, así mesmo, un adiantado no ecumenismo, pois tivo excelentes relacións cos pastores anglicanos de Perth. Fixo varias viaxes a Europa; na cuarta, en 1885, visitou a súa cidade natal, Tui, onde foi recibido triunfalmente, pois era coñecido en toda Europa pola súa misión australiana. O feito de se lle ter atribuído a introdución do eucalipto en Galicia escureceu boa parte do seu labor en terras australianas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rudesindus | |
Catalán | Rossend | |
Español | Rosendo | |
Éuscaro | Rudesindo | |
Inglés | Rudesindus | |
Portugués | Rosendo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rosenda
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]