Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Penélope
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Pēnelópē, de pēnélops, especie de parrulo ou ganso silvestre caracterizado por ter bandas vermellas. É unha voz prehelena de orixe descoñecida. A versión tradicional, por etimoloxía popular, é que Penélope vén de pḗnē 'pano, tecido', alusión ao pano que tecía a esposa de Ulises.
Motivación
Na mitoloxía grega, Penélope é a muller de Ulises, rei de Ítaca, e nai de Telémaco. Como Ulises tardaba en volver da guerra de Troia, tiña ás portas todos os días unha caterva de pretendentes que querían casar con ela e ocupar o trono baldeiro, pero Penélope tiña a esperanza de que o seu home estivese vivo e que regresase. Co compromiso de casar con outro en canto rematase de tecer un pano, destecía de noite o que tecía de día para adiar unha voda que non desexaba. Deste xeito, a esposa de Ulises converteuse no mundo heleno no símbolo da fidelidade conxugal.
O poeta chairego Xosé María Díaz Castro escribiu un memorable poema titulado Penélope (1961) que empeza co verso “Un paso adiante i outro atrás, Galiza”. Sería musicado por Fuxan os Ventos e outros grupos. Lembramos tamén a canción Penélope (1969), en castelán, do cantautor catalán Joán Manuel Serrat, de temática distinta.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Penelope | |
Catalán | Penèlope | |
Español | Penélope | |
Éuscaro | Penelope | |
Inglés | Penelope | |
Italiano | Penelope | |
Portugués | Penélope | |
Romanés | Penelopa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Penélope
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]