Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Pía, Pío
Nome cristián
Pronuncia
Pío:
Etimoloxía e historia
Do latín pius 'cumpridor do seu deber cos parentes e cos deuses', 'piadoso'.
Motivación
Levaron este nome doce papas, dos que salientamos os seguintes: Pío II (1458-1464), notable humanista; san Pío V (1566-1572), que puxo en marcha a Contrarreforma aplicando as normas do Concilio de Trento; Pío VII (1800-1823), que oficiou en 1804 en París a autocoroación de Napoleón; Pío IX (1846-1878), que se opuxo ao movemento a favor da unidade italiana e ao liberalismo; san Pío X (1903-1914), que condenou as novas doutrinas do seu tempo (como o modernismo); e Pío XII (1939-1958), que tivo máis sombras que luces á hora de se enfrontar ao fascismo e ao nazismo do seu tempo.
Chamáronse así
Pío Rodríguez Terrazo (1800-1872), natural de Leiro, provincialista galego que participou na chamada Revolución Galega de 1846, durante a que foi presidente da Xunta Superior do Goberno de Galicia.
Pío Baroja (1872-1956), natural de San Sebastián, foi un escritor español pertencente á xeración do 98. Aínda que foi alcumado “Impío Baroja” polo seu anticlericalismo, o seu pensamento político foi bastante controvertido.
Pia Arke (1958-2007), artista visual e de performance, escritora e fotógrafa danesa de Kalaaleq (inuit groenlandés). Olimpia Ana Pía Sebastiani (1925-2015), pianista e compositora arxentina. Pia Maria Nalli (1886-1964), matemática italiana.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Pius | |
Catalán | Pius | |
Español | Pío | Pía |
Éuscaro | Pio | Pia |
Francés | Pie | Pia |
Inglés | Pius | |
Italiano | Pio | |
Portugués | Pio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]