Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lucía
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Lucía:
Véxase Lucio
Etimoloxía e historia
Procede do nome latino Lucia, feminino de Lucius, nome de étimo incerto. O acento cambiou de Lucia a Lucía quizais por influencia da forma grega.
Motivación
Santa Lucía de Siracusa (Sicilia), segundo a tradición, foi unha virxe martirizada durante a persecución de Diocleciano (303-304). É venerada por católicos, ortodoxos e luteranos. Represéntase na arte coa palma do martirio e con dous ollos sobre un prato ou bandexa (o seu atributo persoal); tense dito que fora porque llos arrincaran no martirio, pero isto non consta na súa historia lendaria, que conta que morreu decapitada ou ferida pola espada. O motivo iconográfico dos ollos no prato explícase pola asociación popular do seu nome coa palabra latina lux, lucis ‘luz’, interpretada como a súa posible orixe etimolóxica. Outra versión supón que o seu pai se chamaba Lucio e que lle puxo a ela a forma feminina do seu nome, como se acostumaba entre os romanos. No mundo cristián é avogada da vista.
Chamáronse así
Lucía Sánchez Saornil (1895-1970), poeta ultraísta española.
Lucia Berlin (1936-2004), escritora estadounidense.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Luzie | |
Lucie | ||
Lucia | ||
Catalán | Llúcia | |
Español | Lucía | |
Éuscaro | Lutxi | |
Luke | ||
Luzia | ||
Francés | Lucie | |
Inglés | Lucy | |
Italiano | Lucia | |
Portugués | Luzia | |
Romanés | Lucia | |
Ruso | Lukia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]