Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Locaia, Locaio
Nome cristián
Variantes
Etimoloxía e historia
Do nome latino tardío Leocadia, que pode ser unha adaptación do grego Leukadía, nome dunha illa preto de Acarnania e dunha rocha da rexión do Epiro, en Grecia. Deriva do adxectivo leukós 'branco, luminoso' 'a branca', 'a resplandecente'. A evolución galega é semellante á de Eusebii > Osebe.
Motivación
Locaio, fillo de Icario e irmán de Penélope, foi o fundador da illa de Léucade.
Santa Locaia (séculos III-IV) era, segundo a tradición, orixinaria de Toledo. Por negarse a abxurar das súas crenzas cristiás, sufriu martirio. É unha das santas máis antigas no culto hispánico (século VII). É patroa de Toledo. As súas reliquias foron trasladadas no século IX -talvez por mozárabes- á catedral de Oviedo, e desde este lugar espallouse o seu culto nos novos lugares de asentamento en territorio galego. En Galicia hai cinco parroquias baixo a súa advocación.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Leocadia | |
Catalán | Llogaia | |
Llocaia | ||
Leocadi | Leocàdia | |
Español | Leocadio | Leocadia |
Éuscaro | Lokadia | |
Lukadia | ||
Lokadi | Lokade | |
Leokadio | Leokadia | |
Francés | Locaie | |
Léocadie | ||
Inglés | Leocade | |
Italiano | Leocadio | Leocadia |
Portugués | Leocádio | Leocádia |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]