Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leoncio, Leoncia
Nome cristián
Pronuncia
                            Leoncio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Do nome grego Leóntios, derivado do adxectivo leónteios 'semellante a un león', 'leonino'.
Motivación
San Leoncio (século IV), bispo de Cesarea (Capadocia), enfrontouse aos arianos na época do emperador Constantino; foi martirizado xunto con san Hilario. San Leoncio de Saintes (século VII) foi bispo desta cidade francesa.
Chamáronse así
Leoncio Bescansa Casares (1879-1957), arquitecto coruñés.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Leontius | |
| Catalán | Leonci | |
| Español | Leoncio | Leoncia | 
| Éuscaro | Lontzi | Lontze | 
| Leontzio | Leontzia | |
| Francés | Léonce | |
| Italiano | Leonzio | |
| Portugués | Leôncio | Leôncia | 
| Romanés | Leontin | |
| Ruso | Leontii | Leontina | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Leoncio
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




