Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leonidas, Leonides
Personaxe histórico
Pronuncia
Leonides:
Variantes
Masculinas Leónidas
Etimoloxía e historia
Do nome grego Leōnídas, composto de léōn 'león' e -ídēs 'forma', 'aspecto', é dicir, 'que ten aspecto de león' ou, se se quere, 'descendente do león'. A forma grega orixinal é Leonídas / Leonídēs. A versión latina fixo esdrúxula a palabra (Leónidas) por ser breve a penúltima; non obstante, en Galicia é máis popular a acentuación etimolóxica na penúltima sílaba.
Motivación
Leonidas (século V a. C.), rei de Esparta, foi considerado un dos grandes heroes da antigüidade. Xunto con outros 300 hoplitas espartanos e outros gregos enfrontouse ao numeroso exército persa de Xerxes no paso das Termópilas (480 a. C.) e resistiu ata a morte para cubrir a retirada das forzas helenas. Tal fazaña, admirada e cantada en todas as épocas, celebrouna na literatura galega Eduardo Pondal no poema titulado Morrer en brando leito.
Houbo tamén un san Leonidas (séculos II-III), profesor de elocuencia en Alexandría (Exipto); foi pai do escritor e apoloxista cristián Oríxenes.
Chamáronse así
O mandatario ruso Leonid Ilich Brézhnev (1906-1982) foi o segundo presidente da Unión Soviética que permaneceu máis anos no goberno (de 1984 a 1982).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Leonidas | |
Catalán | Leònides | |
Español | Leónida | |
Leónidas | Leónides | |
Éuscaro | Leonidas | |
Francés | Léonide | |
Italiano | Leonida | Leonide |
Portugués | Leónidas | Leónides |
Romanés | Leonida |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Leonidas
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]