Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leovexildo
masculino
Personaxe histórico
Variantes
Masculinas Leovixildo
Etimoloxía e historia
Antigo nome de orixe xermánica, atestado na documentación galega desde o século X, composto polas raíces *leuba ‘querido’ e outra derivada de *geldan ‘valer’. Este nome medieval está na raíz de variantes como Novexildo, de onde veñen os topónimos Novexil e Novoxil.
Motivación
O rei visigodo Leovexildo, que gobernou de 573 a 586, foi un dos máis importantes monarcas deste pobo na Península Ibérica. Fixou a súa residencia en Toledo e caracterizouse por unha política centralizadora. Loitou contra os bizantinos establecidos na costa sueste peninsular, contra os vascóns e contra os suevos. Era de relixión ariana, e o seu maior problema foi cando o seu fillo (san) Hermexildo, gobernador da Bética, se converteu ao catolicismo e se rebelou contra el. No ano 585, coa vitoria sobre o rei Andeca preto do Porto, acabou co reino suevo da Gallaecia; con todo, coa incorporación ao reino visigodo, a Gallaecia seguiu conservando a súa identidade como provincia. Cando Leovexildo finou, a unificación territorial peninsular era un feito, pero non a relixiosa, que se lograría coa conversión ao catolicismo do seu fillo Recaredo.
Houbo un san Leovexildo (século IX), monxe mozárabe granadino, discípulo de san Euloxio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Leovigild | |
Español | Leovigildo | |
Éuscaro | Leovigildo | |
Francés | Léovigild | |
Inglés | Liuvigild | |
Leuvigild | ||
Leovigild | ||
Portugués | Leovigildo |
Antes e despois de Leovexildo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]