Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leopoldo, Leopolda
Nome cristián
Pronuncia
Leopoldo:
Variantes
Femininas Leopoldina
Hipocorísticos
Másculinos Poldo, Poluco
Etimoloxía e historia
Nome xermánico, derivado de Leudbald, composto de *leud- 'pobo, xente' e *balth- 'audaz, valente'. Deste nome medieval procede o topónimo Leobalde (Tordoia), pero o nome Leopoldo chegou moi posteriormente, por vía alemá ou inglesa.
Motivación
San Leopoldo (1075-1136), da Casa Real de Austria, foi margrave deste país durante corenta anos; fundou mosteiros e por dúas veces rexeitou invasións húngaras. Canonizado en 1485, é patrón de Austria.
Foi un nome moi utilizado por duques e arquiduques da Casa de Austria, os Habsburgo, do século XII ao XVIII: emperadores de Austria como Leopoldo I (1640-1705) e Leopoldo II (1747-1792). Tamén o levou o primeiro rei de Bélxica (Leopoldo I, de 1831 a 1865); o segundo, Leopoldo II (1865 a 1909) é recordado polos métodos escravistas e xenocidas que utilizou no territorio africano do Congo, da súa propiedade exclusiva; o cuarto, Leopoldo III, reinou de 1934 a 1951.
O irlandés James Joyce deulle o nome de Leopold Bloom ao protagonista da súa novela Ulysses (1920).
Chamáronse así
Johann Georg Leopold Mozart ‘Leopold Mozart’ (1719-1787) foi un destacado compositor, profesor e violinista do Sacro Imperio Xermánico; ademais de pasar á historia pola súa participación na educación musical do seu fillo Wolfgang Amadeus tamén foi coñecido por un libro sobre a técnica do violín, traducido a moitos idiomas.
O tudense Leopoldo Martínez Padín (1823-1850), autor dun dos primeiros libros de historia de Galicia: Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (Madrid, 1849), que non pasou do primeiro tomo pola súa prematura morte.
Os académicos correspondentes da RAG, Leopoldo Pedreira (1869-1915), xornalista, e Leopoldo Eijo Garay (1878-1963), bispo. O pintor Leopoldo Nóvoa (1919-2012).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Leopold | |
Catalán | Leopold | |
Español | Leopoldo | |
Éuscaro | Leopoldo | |
Francés | Léopold | |
Italiano | Leopoldo | |
Portugués | Leopoldo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Leopoldo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]