Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Leonardo
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Leonardo:
Véxase Pantaión
Hipocorísticos
Másculinos Nardo
Etimoloxía e historia
Nome xermánico de tradición franca introducido en Galicia a partir do século XVII. Considérase un híbrido xermano-latino formado por leo, -onis ‘león’ e hardus ‘forte, duro’. Vén significar o mesmo que Pantaión.
Motivación
San Leonardo de Noblat (século VI), bautizado por san Remixio, construíu nunha fraga o mosteiro de Noblat, preto de Limoges (Francia), lugar de peregrinación frecuentado na Idade Media. San Leonardo de Porto Mauricio (1676-1751) foi predicador e taumaturgo da orde franciscana.
O personaxe que máis popularizou este nome foi o polifacético artista e sabio italiano Leonardo da Vinci (1452-1519).
Chamáronse así
O suízo Leonhard Paul Euler (1707-1783), considerado o principal matemático do século XVIII, moi coñecido polo número de Euler, que aparece en moitas fórmulas de cálculo e física. Nos nosos días teñen sona o compositor estadounidense Leonard Bernstein (1918-1990) e o cantautor canadense Leonard Cohen (1934-2016).
Leonarda Fuentes Couto (1851-1937), coñecida como Leonarda de Tallo, a primeira regueifeira da que se ten noticia. Leonardo Mármol Fernández (f. 1886), poeta de Celanova. Leonardo Sánchez Deus (1832-1872), escritor galego do Rexurdimento.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Lienhard | |
Leonhard | ||
Catalán | Lleonard | |
Español | Leonardo | |
Éuscaro | Lonarta | |
Francés | Léonard | |
Inglés | Leonardo | |
Italiano | Leonardo | |
Portugués | Leonardo | |
Romanés | Leonard |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Leonardo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]