Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Encarnación
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Encarnación:
Variantes
Femininas Encarna
Hipocorísticos
Femininos Choncha, Chola
Etimoloxía e historia
Advocación mariana, procedente do latín incarnatio (ac. encarnationem) ‘encarnación’.
Motivación
Segundo o relato evanxélico, o arcanxo Gabriel aparecéuselle a María e díxolle que ía concibir no seu seo un fillo a quen poñería por nome Xesús. A tradición cristiá considera que a Encarnación de Cristo se produce no mesmo intre en que María dá o seu consentimento.
Chamáronse así
Encarnación Fraga Padín (1908-2000), química e farmacéutica de Cambados, socia protectora do Seminario de Estudos Galegos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Encarnació | |
Español | Encarnación | |
Éuscaro | Gizane | |
Gizakunde | ||
Gixane | ||
Portugués | Encarnação |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Encarnación
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]