Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Brandán
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Brandán:
Etimoloxía e historia
Do celta Brenainn, nome dun santo irlandés do século VI, latinizado baixo as formas Brendanus e Brandanus.
Motivación
San Brandán é un heroe fabuloso de aventuras marítimas, compiladas no século X nunha obra que se traduciu a varias linguas europeas, a Navigatio Sancti Brendani. Esta odisea cristiá foi moi popular na Idade Media. Na mitoloxía popular galega rexístrase un episodio da vida deste santo bispo, que segundo se di era descendente dos fillos de Breogán que poboaran a verde Eirín.
Conta a lenda que este bispo gaélico irlandés fretou un barco e embarcou nel cos seus fregueses. Internáronse no océano e tiveron a sorte de atopar unha illa que os salvou dunha violenta tempestade, pero resulta que esa illa era unha balea durmida que acabou chegando mainamente ás costas de Galicia. Interprétase que esta lenda responde ao feito histórico de que os antigos monxes irlandeses tanto confiaban na providencia divina que se aventuraban no Atlántico coas súas febles embarcacións sen remos nin velas (os currags). Está arraigado na tradición irlandesa que o paraíso dos mortos estaba nunha illa de Occidente.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Bretón | Brandan | |
Brendan | ||
Catalán | Brandà | |
Español | Brendán | |
Brandano | ||
Brandán | ||
Francés | Brendan | |
Inglés | Brendan | |
Irlandés | Brennain | |
Portugués | Brandão |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]