Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Belén
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Belén:
Etimoloxía e historia
Do hebreo Beth-lehem 'casa do pan', topónimo dunha vila de Palestina.
Motivación
Para os cristiáns, ten a importancia de ser a vila onde tivo lugar o nacemento de Xesús. Emprégase como nome feminino por ser unha advoción mariana: Nosa Señora de Belén.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Betlem | |
Español | Belén | |
Éuscaro | Aterbe | |
Ostatxu | ||
Belem | ||
Portugués | Belém |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Belén
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]